CRTVG

Buscar

O futuro das axencias de viaxe, en risco pola covid-19

Publicado o 03/08/2020 14:52

A Asociación Galega de Axencias de Viaxes reclama que se estendan os ERTE ata o final de ano para garantir a pervivencia do sector, seriamente ameazada. Algunhas axencias xa se viron obrigadas a pechar definitivamente pola caída drástica da demanda. Só en Santiago, por exemplo, desapareceron tres axencias nos últimos meses.

A paralización do sector turísitico está poñendo en risco o futuro das axencias. "Eu abrín o día 31 de maio e pódoche dicir que aquí nojn entra prácticamente ninguén, desde que abrín non fixen nngunha venda, cero", di César Boado, director dunha axencia de viaxes.

A caída da demanda está tendo graves consecuencias para o sector. En Santiago tres axencias de viaxes pecharon nos últimos meses desde que comezou a pandemia da COVID-19.

"A situación é de incerteza total, porque non se sabe como vai quedar isto. En Santiago pecharon tres axencias", explica Boado.

No sector dan a temporada turística por perdida. Desde a Asociación Galega de Axencias de Viaxes din que a única demanda que se reactivou minimamente foi a do turismo interior, a destinos de praias como Canarias e Baleares.

As axencias de viaxes, a través da federación estatal, reclaman que os ERTES poidan prolongarse ata final de ano, coa esperanza posta en que unha vacina reactive o sector no 2021.

Noticias web

03/08/2020