CRTVG

Buscar

O funeral polo Xavier Arzalluz, ex-presidente do PNV, celébrase en Azkoitia, a súa vila natal

Publicado o 02/03/2019 17:12

O lehendakari, Íñigo Urkullu, manifestou hoxe que Xavier Arzalluz, falecido o xoves pasado, foi o impulsor "do proceso de institucionalización de Euskadi". Urkullu, acompañado por varios conselleiros do PNV do Goberno Vasco, visitou a capela ardente, para despedir o histórico líder nacionalista.
Á saída, o lehendakari gabou a súa figura e considerou que os vascos, máis alá da súa ideoloxía, débenlle un recoñecemento á súa persoa, polo seu compromiso coa causa do pobo vasco.
O funeral polo ex-presidente do PNV celebrarase en Azkoitia, a súa localidade natal.

Noticias web

02/03/2019