CRTVG

Buscar

O foco da área coruñesa sitúase na cidade da Coruña, Arteixo e Vimianzo, todas pechadas perimetralmente

Publicado o 30/10/2020 14:59

Na área sanitaria da Coruña o foco está posto na propia cidade e en Arteixo, ademais de no concello de Vimianzo, que acumula 50 novos casos en sete días, unha cifra que preocupa especialmente ás autoridades sanitarias.

Por iso, neste concello decretouse o peche perimetral e a prohibición das reunións entre non conviventes, canda A Coruña e Arteixo.

Na cidade herculina, a incidencia a sete días sitúase en 140 casos, no caso de Arteixo 78 novos casos.

Aumenta tamén a presión hospitalaria, hai 108 pacientes ingresados, 14 deles en UCI, tres máis ca onte.

Noticias web

30/10/2020