CRTVG

Buscar

O fiscal pide case 20 anos de prisión para un acusado de pornografía e abuso sexual a unha menor

Publicado o 12/03/2020 15:59

A Audiencia de Pontevedra xulga un home acusado de abusar sexualmene e elaborar pornografía cunha rapaza menor de idade e con discapacidade.O acusado, para quen o fiscal pide preto de vinte anos de cadea, negou os feitos e declarouse vítima dunha trama da familia del para prexudicalo.

Os feitos xulgados aconteceron vai facer tres anos cando, segundo o relato do fiscal, o acusado mantivo relacións sexuais cunha rapaza de 14 anos de idade a pesar da negativa dela e de coñecer que era menor e que padecía un atraso madurativo avaliado cun grao de discapacidade do 35 por cento. A cativa estaba en situación de acollida cun familiar del.

O acusado manifestou que é inocente, que nunca lle tocou e que descoñecía que a rapaza fose menor de idade.

Tamén respondeu como presunto autor dun delito de elaboración de pornografía infantil. O fiscal sostén que lle mandou á menor fotografías do seu pene e que lle pediu imaxes dela espida en actitude sexual explícita, ao que a menor respondeu en ocasións repetidas.

O acusado contradixo declaracións do que declarou en primeira instancia ao falar do intercambio de fotos. Considera que a denuncia é froito dunha trama da súa familia para prexudicalo.
Nas conclusión provisionais, o fiscal pide que o condenen, entre outras, a penas de prisión que suman preto de vinte anos.

Noticias web

12/03/2020