O Festival de Cans, un exemplo de 'arquitectura compartida' na Bienal de Venecia
A parroquia de Cans vai desembarcar na Bienal de Venecia de Arquitectura a bordo do seu festival de cinema. Os arquitectos galegos Juan Creus e Covadonga Carrasco presentarán un proxecto chamado 'Arquitectura compartida' nese prestixioso encontro mundial.
É un dos 34 proxectos seleccionados e mostra como un espazo privado, un pendello, se converte nun espazo compartido como unha sala de cinema.
Maquetas, vídeos e debuxos ilustrarán en Venecia a realidade da parroquia de Cans. Porque o Festival de Cans leva anos convidando arquitectos que realizan diversas intervencións. Moitos alumnos de Arquitectura participan na proposta 'Cans proxecta'.
Vai ser a achega galega a unha bienal que o ano vindeiro se pregunta como vivir xuntos? Este ano o Festival de Cans muda de datas, celebrarase do 2 ao 5 de setembro.