CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O feminismo, tamén en pé en Vigo

Publicado o 08/03/2018 20:42

Milleiros de persoas acudiron á manifestación convocada en Vigo por organizacións feministas e apoiada polos principais sindicatos. Tardou en arrincar dado o éxito da convocatoria.
As mulleres reivindican a igualdade coincidindo co Día Internacional da Muller e protestan contra a brecha salarial, a precariedade laboral e a violencia machista.
"Aquí está, aquí se ve, o feminismo galego en pé" foi unha das consignadas máis berradas na cidade olívica.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

08/03/2018