CRTVG

Buscar

O faro de Lariño vaise converter proximamente nun hotel

Publicado o 05/06/2020 16:17

O faro de Punta Insúa, no concello de Carnota, vaise converter proximamente nun hotel. O Consello de Ministros autorizou esta semana o seu aproveitamento para uso turísitico dentro do proxecto Faros de España.

A carón da praia de Lariño, no concello de Carnota, érguese desde 1921 o faro de punta Insua. As súas vellas instalacións, abandonadas desde hai anos, vanse converter proximamente nun pequeno hotel de dez habitacións.

O de Lariño é un dos faros que saíron a concurso para uso hoteleiro dentro do proxecto de Portos do Estado Faros de España. A idea é fomentar un turismo sostible e de calidade na contorna onde están situados.

Os traballos de rehabiltación do faro comezarán este verán. Os responsables do hotel agardan que poida abrir para a Semana Santa do próximo ano. A pesar desta nova vida, o faro seguirá prestando axuda á navegación marítima, tal como vén facendo desde hai cen anos.

 

Noticias web

05/06/2020