CRTVG

Buscar

O fármaco Aplidin de Pharmamar dá resultados positivos no tratamento da covid-19

Publicado o 16/10/2020 14:50

O fármaco Aplidin dá resultado contra a covid-19. Así o anunciou a compañía Pharmamar, logo de completar a segunda fase das probas co medicamento.

Afirma que nun ensaio con pacientes ingresados conseguiron reducir notablemente a carga viral: en sete días rebaixárona á metade e, en quince, reducírona ao 70 por cento.

O tratamento acelerou ademais a recuperación dos doentes, e o oitenta por cento recibiron a alta no décimo quinto día.

O ensaio clínico pode entrar agora en fase 3, e ampliar os suxeitos de estudo.

Tras o anuncio destes primeiros resultados, a compañía está rebentando os seus récords de cotización na bolsa.

Noticias web

16/10/2020