CRTVG

Buscar

O falecemento dun home de 86 anos eleva a 8 as vítimas na residencia de Outeiro de Rei

Publicado o 15/09/2020 19:58

Agora mesmo nas residencias de maiores de Galicia hai 318 casos activos de coronavirus; 228 son usuarios e 89 traballadores que pasan a corentena nas súas casas. A residencia DomusVi de Outeiro de Rei segue sendo a que acumula máis positivos de toda Galicia, con 137 maiores contaxiados. Faleceron oito desde que se detectou o primeiro caso; os dous últimos, hai unhas horas.

Na do Incio, tamén na provincia de Lugo, perderon a vida 20 usuarios dun gromo que agora mesmo mantén 58 residentes positivos.

Son as dúas únicas residencias galegas que están intervidas pola Xunta. O Goberno galego di que traballa nun novo modelo de xestión que permitirá regular, entre outras cuestións, as visitas en caso de que se detecte un gromo.

Fabiola García. Conselleira de Política Social "É certo que esta crise do coronavirus nos leva a repensar o modelo de residencias. Nestes momentos o 99 por cento deste centros non contan con ningún caso positivo, o sector está máis preparado".

Canto aos centros de discapacidade, o gromo máis importante está na residencia Aspronaga de Oleiros, que suma 34 casos entre residentes e traballadores.

Noticias web

15/09/2020