CRTVG

Buscar

O experto en saúde pública Rafael Bengoa prevé un confinamento en Madrid

Publicado o 25/09/2020 10:05

En zonas tan poboadas como Madrid, pero aquí en Galicia con gromos nas residencias de maiores en diversas localidades. Hoxe no Bos días falamos con Rafael Bengoa, médico especialista en xestión de saúde pública para profundizar sobre o tema.

"Confiámonos, había un exceso de optimismo coa fase de desescalada en boa parte de España e iso xerou unha nova oportunidade para o virus de atacarnos", explica Bengoa.

Preocupa a situación en Madrid, hoxe danse a coñecer novas restricións. O médico especialista en xestión de saúde pública coida que noutras partes do mundo, cando houbo un confinamento "serio, durante tres ou catro semanas", despois púidose controlar a situación, di. "Os confinamentos funcionan". 

"Non se entendeu que a economía só pode sobrevivir se se controla o virus". A solución pasa, segundo Bengoa, por unha epidemioloxía local, con moito rastrexo, atención primaria. "Cando isto non funciona, como acontece en Madrid, porque xa non hai suficiente capacidade de rastrexo, só queda o confinamento parcial ou total", indica.

"As disfuncións entre as institucións e a desunión política, crean unha situación de empeoramento, porque no desconfinamento xa non se permitiu un estado de alarma que mantiveron en Italia", conclúe Bengoa.

 

 

Noticias web

25/09/2020