CRTVG

Buscar

O estudo da Xunta sitúa nun 1% a poboación que tivo contacto co virus

Publicado o 13/05/2020 21:09

O 99 % dos galegos non tivo contacto co virus, segundo datos provisionais do estudo que está facendo a Xunta. Así que, di o presidente, cómpre extremar o distanciamento e as medidas de hixiene.

Alberto Núñez Feijóo anunciou que están rematando un protocolo para reabrir os centros de maiores e discapacidade e reiterou as peticións ao Goberno de permitir a caza e a pesca ou de abrir os comercios de máis de 400 metros. O presidente insistiu en que é necesario coñecer xa os criterios para pasar á seguinte fase, sobre todo, o que ten que ver coa educación.

Feijóo di que é imprescindible saber como vai ser a volta en setembro, pero tamén en que casos se pode retomar a asistencia ás aulas no que resta de curso.

Noticias web

13/05/2020