CRTVG

Buscar

O estaleiro Rodman, líder na construción de catamaráns, entrega o sétimo buque para Trasmapi

Publicado o 09/09/2020 16:09

O estaleiro Rodman Polyships de Moaña acaba de entregar o sétimo catamarán para a navieira balear Trasmapi. Trátase dunha embarcación de 30 metros con capacidade para 329 pasaxeiros, que o consolida como líder neste tipo de buques en España.

Ademais, tamén avanzan na construción dunha patrulleira para a Consellería do Mar que realizará labores de inspección e vixilancia. E traballan nunha embarcación para a Axencia Tributaria.

Noticias web

09/09/2020