CRTVG

Buscar

O Estado autoriza os desprazamentos para a agricultura de autoconsumo

Publicado o 01/05/2020 17:42
O Estado autoriza os desprazamentos para a agricultura de autoconsumo

O Goberno autorizou os desprazamentos para o coidado e recolección de producións agrícolas destinadas ao autoconsumo que se achen no mesmo termo municipal ao do domicilio, ou un adxacente ao mesmo. Segundo informa o Ministerio de Sanidade nunha nota de prensa, a autorización publícase hoxe no Boletín Oficial do Estado (BOE) e refírese ás actividades que non son de natureza laboral profesional ou empresarial, que xa están permitidas no Decreto de Estado de Alarma.

A Orde que recolle esta autorización establece excepcións para situacións de necesidade como a alimentación de animais ou a recolección no caso de que a situación socioeconómica do interesado faga imprescindible o consumo do produto para a súa subsistencia. Ademais lémbrase que, en calquera caso, os desprazamentos deberán ser os mínimos posibles para a realización das tarefas indispensables e a provisión do necesario, salvo causa debidamente xustificada.

Así mesmo, advírtese de que estas actividades deberán realizarse tendo en cuenta as normas establecidas que garanten a protección da saúde e a seguridade dos cidadáns. O desenvolvemento dos traballos aos que se refire esta Orde deberanse realizar de forma individual, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade, menores, maiores, ou por outra causa xustificada, e polo tempo indispensable.

 

Noticias web

01/05/2020