CRTVG

Buscar

O equipo de Casa Solla bótalle unha man ao comedor social de Pontevedra

Publicado o 17/04/2020 11:29

As organizacións sociais, bancos de alimentos e comedores sociais están xa desbordados. E quen mellor para botarlles unha man que eses restaurantes que tiveron que pechar polo coronavirus?

A esta iniciativa solidaria uníronse tanto Pepe Solla como o seu equipo. "A idea de botan unha man no comedor social de Pontevedra xorde polo seguinte motivo —avanza o chef—. Nós tiñamos unha cantidade de produto cando comeza o confinamento e sabiamos que non iamos poder darlle saída e non podiamos permitirnos tiralo coa necesidade que está habendo. Entón fun ao comedor social e vin que tamén tiñan necesidade de man de obra, estaban moi desbordados. Dixemos: 'Imos botarlles un cabo'. A fin de contas, nós estamos parados".

"A nós repórtanos unha sensación de sentírmonos útiles. Os que traballamos en restauración temos esa vocación de servizo á sociedade, aínda que pareza que non. É algo moi vocacional. Agora sentimos que estamos axudando a unha parte necesitada da sociedade que, desgraciadamente, se está multiplicando".

Noticias web

17/04/2020