CRTVG

Buscar

O Entroido de Xinzo, declarada Festa de Interese Turístico Internacional

Publicado o 22/01/2019 21:49

O Entroido de Xinzo de Limia acaba de ser declarado Festa de Interese Turístico Internacional. Dende a Consellería de Cultura comunicaron esta mesma mañá ao Concello de Xinzo a decisión do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo de incluir o seu Entroido como Festa de Interese Turístico Internacional. É o primeiro Entroido de Galicia en acadar este recoñecemento.

Coa súa incorporación, as catro provincias galegas, faltaba a de Ourense, contan agora con algunha festividade coa máxima distinción que se pode acadar no eido turístico. O Entroido de Xinzo, o máis longo, súmase agora ao Carnaval de Tenerife, ao de Cadiz e ao de Águilas, en Murcia, os únicos que teñen en España este recoñecemento turístico internacional.

O Entroido de Xinzo comeza co Petardazo e o Fareleiro e remata catro semanas despois no domingo de Piñata. É a Pantalla a protagonista do Entroido de Xinzo, o primeiro de Galicia que consegue a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional.

Con esta declaración do Ministerio de Turismo, a primeira na provincia de Ourense, son once en Galicia as festas de Interese Turístico Internacional.













 

Noticias web

22/01/2019