CRTVG

Buscar

O paro baixa en 33.200 persoas en Galicia, o mellor dato en doce anos

Publicado o 29/01/2019 18:55

• É un descenso do 18 %, o terceiro máis elevado das comunidades

• No conxunto de España o paro caeu en case medio millón

O desemprego baixou en 33.000 persoas o ano pasado en Galicia, segundo a EPA. É un descenso do 18 %, o terceiro máis elevado entre as comunidades, e creáronse 32.000 empregos, o mellor dato en doce anos. No conxunto de España o paro caeu en case medio millón de persoas e a creación de emprego tamén foi a máis intensa dende 2006.

2018 volveu ser un bo ano para o emprego. En Galicia o paro baixou 18 puntos, só superada polas dúas Castelas. Hai 33.000 desempregados menos e a taxa de paro queda no 12 %, dous puntos por baixo da media estatal. Hai 148.900 parados. E ademais creouse emprego, principalmente no sector servizos e na construción, co mellor dato dos últimos doce anos: 32.000 ocupados máis ata o millón 88.000.

No conxunto de España a tendencia é a mesma coa maior creación de emprego dende 2006: case 600.000 ocupados máis, ata superar os 19 millóns e medio. E en consonancia baixou o paro en máis de 460.000 persoas. É un descenso menor que o de anos anteriores, pero deixa a taxa no 14,4, a máis baixa da década. Hai 3,3 millóns de parados. España suma seis anos seguidos con baixadas do paro recuperando os niveis de 2008, tanto en desemprego como en ocupación.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/01/2019