CRTVG

Buscar

O dono dun local en que está un salón de peiteado non lle vai cobrar o alugueiro mentres estea pechado

Publicado o 18/03/2020 15:45

Zaida ten un salón de peiteados dende hai case sete anos en Marín. O
venres pasado tomou a decisión de pechar por ter familiares de risco. O
propietario do local onde ten o negocio púxose en contacto con ela para
dicirlle que non lle ía cobrar o alugueiro.

Zaida valora o xesto que tivo con ela o propietario do local, xa que ten
que facer fronte a moitos gastos, entre eles, o soldo das súas
empregadas. O seu home tamén é autónomo e teñen dous cativos.

Se este caso é motivador e amosa a solidariedade da xente nos peores
momentos, reforza esta teoría que haxa xa tres negocios aos que tampouco
lles van cobrar o alugueiro.

 

Noticias web

18/03/2020