CRTVG

Buscar

O dono da leira onde morreu Julen declárase insolvente

Publicado o 08/10/2019 16:25
O dono da leira onde morreu Julen declárase insolvente

A defensa de David Serrano, único investigado no caso Julen (o neno que morreu ao caer a un pozo de Totalán) presentou concurso de acredores ao asegurar que o seu cliente "está tecnicamente nunha situación de insolvencia".

O letrado presentou a demanda de solicitude de concurso voluntario de debedor de persoa física perante o xulgado de Primeira Instancia de Málaga e ademais xa entregou unha copia ante o instrutor da causa penal, o Xulgado de Instrución número 9 de Málaga.

A defensa de David Serrano explicou a Efe que presenta dita solicitude "ante a avalancha de reclamacións" contra o seu cliente e sinala que non pode "nin agora nin nun futuro cumprir cunha débeda que podería ascender a 1.500.000 euros, sumando os conceptos de responsabilidade civil e sanción administrativa".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí