CRTVG

Buscar

O dono da leira de Totalán ratifica que protexeu o pozo con bloques de formigón

Publicado o 22/02/2019 16:19

O dono da leira de Totalán onde está o pozo ao que caeu o pequeno Julen declarou nos xulgados de Málaga como investigado por un delito de homicidio imprudente.David Serrano ratificouse diante do xuíz en todo o dito na súa declaración á Garda Civil.

O dono da leira de Totalán onde estaba o pozo onde caeu o pequeno Julen, David Serrano, acudiu aos xulgados de Málaga para declarar en calidade de investigado por un suposto delito de homicidio imprudente.

Naquela declaración, Serrano asegurou que protexera con dous bloques de formigón a boca do burato no que morreu Julen. Dixo que advertiu o risco de que alguén metese un pé no burato, pero que nunca pensou que un neno puidese coller nel.

Nos próximos días irán pasando pola sede dos xulgados malagueños a ducia de testemuñas solicitadas pola Fiscalía, entre eles os pais do pequeno, o poceiro que fixo o burato e varios gardas civís.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/02/2019