CRTVG

Buscar

O domingo volve a chuvia a Galicia

Publicado o 06/12/2019 15:18

Entre as nubes e os claros, temperaturas agradables, pouco vento e solos secos. A previsión é aguantar así ata o domingo: pola mañá chegará a auga, pero vai pasar rápido. Ana Lage, meteoróloga de Meteogalicia, di que teremos "ceos cubertos, con chuvias pola mañá, pero a partir do mediodía a fronte vai ir abandonando Galicia e abriranse claros no ceo" 

Así as cousas, sálvanse estes días da ponte. Na provincia da Coruña vaise adiantar algo a auga, e xa mañá pola tarde pode orballar. Un pouco de todo, que din que é o que queren os turistas: "Aquí en Galicia se non chove tamén se enfadan os turistas" ou "Aquí cando chove hai máis xente, porque á xente gústalle a chuvia", aseguran os comerciantes en Santiago.

Os visitantes contentos de ver chover, pero os locais non tanto: "A chuvia é moi triste, moi triste, pero é o que nos queda", outro compostelán di que durante novembro "quedamos moi cheos de chuvia, xa podía aguantar máis o tempo desta semana"

Apenas tivemos unha semana seguida sen chuvia, pero haxa calma porque a auga non vén para quedar. Pasada a fronte do domingo, volve escampar. Segundo Ana Lage, de Meteogalicia, o luns vai ser seco, logo achégase unha fronte e alternaremos días con e sen precipitacións.

E mellor aínda, os ventos do sur e suroeste van traer un lixeiro ascenso das temperaturas. De momento parece que decembro vai portarse mellor ca novembro, que bateu récords de días seguidos chovendo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2019

Máis sobre actualidade

UD OURENSE 1 PAIOSACO 0
20/01/2020 11:50
SILVA 2 SOMOZAS 3
20/01/2020 11:04
FABRIL 1 CHOCO 0
20/01/2020 10:59
POLVORIN 2 AROUSA 2
20/01/2020 10:58
COMPOSTELA 1 ALONDRAS 0
20/01/2020 10:56