CRTVG

Buscar

O domingo entra unha fronte de chuvia

Publicado o 11/10/2019 14:02

O venres empezou con temperaturas suaves que se prolongaron no tempo nas zonas de néboa baixa. Nas horas centrais predominará o tempo solleiro e mesmo caloroso, pero "a situación anticiclónica ten as horas contadas, polo tanto; aproveiten a xornada de hoxe", afirma Noelia Váquez, de 'O tempo' da TVG, "porque xa o sábado iremos tendo indicadores do cambio en forma de nubes, sobre todo polas comarcas do leste da Coruña e tamén da fachada atlántica pontevedresa, onde mesmo pode haber precipitacións ao longo do día. No resto, as nubes irán gañando terreo. E na xornada do domingo, un sistema frontal activo vai deixar chuvias xeneralizadas en toda a comunidade, aínda que descargará de xeito máis xeneroso, sobre todo na fachada occidental. O luns comezaremos a semana tamén con precipitacións".

Segundo os prognósticos meteorolóxicos, o cambio irá acompañado dun descenso sensible das temperaturas diúrnas o domingo.

 

Noticias web

11/10/2019