CRTVG

Buscar

O director Dani de la Torre recibirá o Premio Ourense na 25ª edición do OUFF

Publicado o 03/09/2020 16:35

O Festival de Cine de Ourense acaba de conceder un dos seus premios de honra ao director monfortino e excompañeiro desta casa, Dani de la Torre. O Premio Ourense entregaráselle a finais de setembro pola polivalencia e transversalidade da súa carreira.

Na súa filmografía conta con dous filmes, 'O descoñecido' e 'A sombra da lei', a miniserie 'Mar libre' rodada para a Televisión de Galicia, e a serie 'La unidad'.

De la Torre roda estes días na súa Ribeira Sacra natal o seu terceiro filme, 'Live is Life'.

Noticias web

03/09/2020