CRTVG

Buscar

O día de Nadal trae temperaturas altas e unha xornada sen chuvias

Publicado o 25/12/2019 12:36

Temperaturas primaverais en pleno día de Nadal, perfecto para gozar destas datas festivas. As temperaturas están a ser moi agradables, por exemplo en Baiona superan os 20 graos e en Santiago os termómetros acadan os 17, polo que terrazas e parques se enchen neste día festivo. Esta noite entra unha fronte que deixará chuvia xeneralizada en toda a comunidade pero pasará axiña e mañá volveremos ver os ceos despexados en toda Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/12/2019