CRTVG

Buscar

O detido por unha suposta violación no Carballiño queda en liberdade pero segue como investigado

Publicado o 07/02/2020 14:28

O home que foi detido por unha presunta violación no Carballiño quedou en liberdade con cargos. A muller, presunta vítima dos feitos, asegurou que un home a acompañou ata a súa casa, que alí a violou e logo desapareceu sen deixar rastro.

A muller denunciou os feitos e foi atendida no hospital de Ourense, onde se lle aplicou o protocolo establecido para os casos de agresión sexual.

Noticias web

07/02/2020