CRTVG

Buscar

O despoboamento deixa sen traballo os taxistas do rural de Ourense

Publicado o 26/11/2019 13:53

Os días sen traballo pasan lentos para Roberto. É taxista de Ramirás. Ten 26 anos e hai 5 que quedou coa licenza do pai. A falta de clientela, principalmente polo despoboamento e o abandono do rural, sumiuno nunha grave crise.

Refírese ao microbús municipal gratuíto. Dende o Concello de Ramirás están convencidos, dinnos, de que o problema é que hai moitos taxistas, catro, para un concello de 1.500 habitantes que non deixa de perder poboación. O caso e que Rubén di que, se segue así, terá que deixar o taxi que acaba de mercar.

Os taxistas no rural son máis que choferes, acompañan e axudan. Piden que se estendan iniciativas como a de Verea, onde o Concello paga á taxista por un servizo que lles ofrece aos veciños de balde, evitando que teñan que buscar outro traballo e fixando poboación.

Ourense é das provincias españolas que máis taxistas perdeu, case 200 en 20 anos. E cantos menos servizos, máis poboación perde o rural.

Noticias web

26/11/2019