CRTVG

Buscar

O deseñador galego Adolfo Domínguez é o novo premio nacional de Moda

Publicado o 08/11/2019 19:32

O deseñador galego Adolfo Domínguez é o novo premio nacional de Moda. O Ministerio de Cultura recoñece así a significación do modisto ourensán na historia contemporánea do deseño téxtil en España. É o cuarto Premio Nacional que cae este ano en mans galegas, despois dos de Ensaio para Xosé Manuel Núñez Seixas, o de Poesía para Pilar Pallarés e o de Xornalismo Cultural, para Anxo Quintela.

No caso de Adolfo Domínguez, destaca a expansión internacional do modisto galego, que co seu slogan histórico, "La arruga es bella", conquistou o mundo da moda ata converterse nun dos referentes mundiais no deseño téxtil.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019