CRTVG

Buscar

O descenso de usuarios do transporte público superou o 90% en abril

Publicado o 11/06/2020 09:55
O descenso de usuarios do transporte público superou o 90% en abril

O número de usuarios do transporte público caeu en abril un 91,4 % respecto do mesmo mes do ano pasado. Dos máis de 422,2 millóns de viaxes de abril de 2019 o volume de usuarios reduciuse ata os 36,1 millóns deste abril pasado. A maior incidencia rexistrouse no transporte aéreo, que baixou un 99%.

Segundo os datos que publicou o Instituto Nacional de Estatística (INE), en abril só voaron 37.000 pasaxeiros, a mesma cifra que se rexistrou en AVE e longa distancia, e por encima dos 31.000 que usaron o autobús.

En proximidades o traslado de viaxeiros en autobús caeu un 90,7% e en ferrocarril, o 90,5 %. O metro descendeu o 90,9% e o transporte urbano en autobús baixou o 91,5%.