CRTVG

Buscar

O Deportivo tentará remendar cun triunfo a crise institucional aberta

Publicado o 14/12/2019 12:11

A semana na que se cumpliron os agoiros da afección. Na que o club quedará nun baleiro institucional durante un mes exacto. Así afronta o Deportivo a final de Ponferrada. Luis César: "Esto aconteceu por culpa dos que estamos aquí abaixo. Non ten que afectar nada porque institucionalmente estivemos ben e non fomos capaces de gañar".

E, sobre todo, nun dos momentos máis críticos da historia do club no aspecto deportivo. Como dí o técnico "estamos a 13 de decembro. 4 meses sen gañar e moitísimo para este club. Estamos a 8 puntos para o obxectivo. Faltando 6 meses non creo que sexa unha utopía a salvación".

Luis César precisa xogadores que den un paso adiante. "O fútbol é para valentes que saiban afrontar as situacións complexas que ten a competición".

Un impulso inmediato de optimismo. Iso busca un club que se atopa en respiración asistida.

Noticias web

14/12/2019