CRTVG

Buscar

O Deportivo logra un triunfo agónico vinte xornadas despóis

Publicado o 21/12/2019 13:18

 

Máis de catro meses de espera. 19 partidos. Días de treboadas institucionais e futbolísticas. Un dos períodos máis negros da historia do Deportivo. Nada está solucionado, pero o triunfo ante o Tenerife dalle un respiro ao club coruñés. O pasado 18 de agosto, e grazas a un agónico gol de Christian Santos, os brancoazuis sumaban tres puntos. Onte, tamén de xeito agónico, e tras amenaza de suspensión, lograron outros tres. Todo despóis dun encontro que volveu deixar claro que este equipo precisa duns cuantos reforzos no mercado invernal. Porque no primeiro tempo, no que o Tenerife non existíu, os de Luís César só crearon dúas ocasións. O dubidoso penalti por mans de Carlos Ruiz que o ex deportivista Ortolá lle parou a Aketxe no minuto 14. E o gol de Christian Santos no 21. Fantástico remate de cabeza do venezolano a centro de Koné. Algo case inédito acababa de acontecer. O Deportivo poñíase por díante no marcador. Pero a segunda metade foi outra historia. O Tenerife foi superior e comezou a acumular ocasións. Dani Giménez retrasou o empate todo o que puído. Frustrou a Malbasic e a Elliot cun par de boas intervencións. E onde non chegou, aí estaba o longueiro. Un cabezazo de Dani Gómez levou o balón ao ferro. A vitoria deportivista perigaba cada vez máis co paso dos minutos. E finalmente, no 90, o VAR pillou a Montero. A man do central levou o esférico ao punto de penalti. E Suso Santana empataba o choque. Novo drama en Riazor. Pero a decepción dos 8000 afeccionados presentes no estadio deu paso a unha alegría xa inagardada. Na última acción do partido, no minuto 95, Peru Nolaskoain acertaba a rematar un córner e poñer o dous a un no marcador. Así terminaba o 2019 para o Deportivo. Desde agora, tempos novos cos inminentes trocos no club a tódolos niveis.

 

 

Noticias web

21/12/2019