CRTVG

Buscar

O Deportivo gaña no campo e agarda polos despachos e xulgados

Publicado o 08/08/2020 14:34

O Fuenlabrada perdeu a praza de fase de ascenso en beneficio do Elxe

Os contrastes dun partido de alto risco, con moita policía e ninguén a quen controlar. A chegada dos buses a Riazor foi tranquila. Tan só algúns berros aos xogadores do Fuenlabrada. Só 13, 7 do primeiro equipo, puideron viaxar. Vázquez reuniu unha convocatoria case idéntica á dun partido normal. E sobre o céspede nada tivo de normal o partido, cunha primeira parte soporífera na que só merece destacar o gol de Pathé Ciss aos 11 minutos. O Fuenlabrada tomaba vantaxe nunha dubitativa acción da defensa e do porteiro Jovanovic.

Na segunda parte, o Deportivo deu un paso adiante e foi capaz de remontar. No minuto 84 igualaba nunha acción afortunada na que o rexeitamento golpea e Beauvue. E cando ese paracía o resultado final, no engadido o VAR observou unha man que o cambiou todo. Para José Ramón Sandoval, o adestrador do C.F. Fuenlabrada "Só nos derrubou unha pandemia. Vin que non era penalti, pero bueno, dixéronllo desde Madrid e pitouno"

Beauvue marcou o penalti que deixou ao Fuenlabrada sen playoff e colocou no seu lugar o Elxe, seguramente onde máis se festexou o tanto. Foi o epílogo indigno á temporada, da que uns, os madrileños, queren xa pasar páxina e, outros, os galegos, pensan xa no decisivo partido que se xogará en despachos e xulgados. Fernando Vázquez, o  Adestrador do R.C. Deportivo di que o seu club  "non está pedindo que descenda o Fuenlabrada de forma directa. O Deportivo quere unha liga de 24 pero evidentemente o Fuenlabrada non foi un club inocente nesta situación. Sandoval concluiu dicindo que "esto é o que hai. Como dixen antes colorín, colorado. Espero que a xente vexa o que fixo este Fuenlabrada e non se quede con outras cousas que teñen que demostrar". Fernando Vázquez ramatou diceindo que, para el, "o Deportivo está en Segunda División A. Confío plenamente na xustiza e que así será"

 

Noticias web

08/08/2020