CRTVG

Buscar

O Deportivo derrota o Fuenlabrada no minuto 95 no partido máis longo

Publicado o 08/08/2020 13:12
O Elxe ocupa a útima praza na fase de ascenso

O que se deu en chamar paripé ou esperpento tivo formato de partido de fútbol tradicional, con 90 minutos e 22 xogadores sobre o céspede. Ao Fuenabrada saiulle mal o órdago. Só puido presentar 13 homes na convocatoria e unha aliñación con sete xogadores do primeiro equipo, o mínimo que esixe o regulamento.
No marcador mandou o Fuenlabrada desde o minuto 11, nunha mala acción defensiva do Deportivo na que Pathe Ciss tirou proveito dun dubitativo dspexe de Jovanovic. O Gol deulle confianza aos madrileños, moi pendentes de non sufriren lesión ou expulsión algunha nos seus xogadores seniors. Sería aliñación indebida ao momento.
E esta película que comezou o pasado día 20 merecía un final á altura. Foi oq ue se produciu nos últimos miutos, coa remontada branquiazul. Beauveu fixo o empate logo dun rexeitamento e xa no minuto 95 chegou o momento álxido no que tivo que aparacer outro dos actores principais, o VAR. Penalti por mans do Fuenlabrada e novo Claudio  non falla e colocaba o 2-1 que o cambiaba todo. Deixaba ao Fuenlebrada, ou o que quedaba del, sen o soño do playoff, ao que accede o Elxe. O Deportivo aseguraba unha vitoria que non vale nada tanxible, solo o orgullo, á espera de que o triunfo e con el a permanencia chegue noutras instancias.

Noticias web

08/08/2020