CRTVG

Buscar

O Deportivo depende de si mesmo

Publicado o 08/06/2019 18:27

Unha vitoria ante o Córdoba garantiza o playoff para o Deportivo, e incluso podería darlle a quinta praza. Para iso o Estremadura de Manuel Mosquera debería facerlle outro favor ao equipo coruñés derrotando ao Mallorca en Almendralexo. Os baleares empataron ante o Granada o pasado martes e cun punto máis asegurarían un quinto posto que pode ter a súa importancia no caso de que o sexto clasificado superase a primeira eliminatoria do play off. Nese suposto, o quinto xogaría o ascenso co factor campo a favor.

Se o Deportivo tropeza esta noite, dependería de que tamén tropezaran os seus perseguidores. Un empate en Riazor combinado cunha vitoria do Cádiz no Molinón ante o Spórting deixaría fora aos de Martí. O conxunto gaditano perdeu a ocasión de depender de sí mesmo coa inverosímil derrota do martes ante o Estremadura, no que foi un duro golpe para os de Álvaro Cervera. O adestrador do Cádiz lamentou ese tropezo moitísimo porque ao final deron pé a depender de outros e iso é o peor que pode pasar no fútbol, depender de outros. Aínda así, irán a gañar porque no fútbol poden pasar moitísimas cousas, como se víu o outro día.

O último equipo con opcións é o Oviedo, que necesita un milagre. Debe gañar en Pamplona e agardar a derrota do Deportivo e que non gañe o Cádiz no Molinón. E claro, agardar un favor do seu eterno rival, o Spórting, igual é moito pedir, tal e como opinan os afeccionados de Xixón, aínda que hai división de opinións.

Esta noite quedarán despexadas todas as incógnitas. A partir do vindeiro mércores arrancará o play off que outorgará a última praza de ascenso á primeira división.

Noticias web

08/06/2019