CRTVG

Buscar

O Deportivo afronta diante do Huesca o compromiso máis complicado dos que lle quedan

Publicado o 04/07/2020 21:31

Invicto desde a volta da competición, o Deportivo afronta mañá en Riazor ante o Huesca un dos compromisos máis complicados dos cinco que lle quedan. Fronte un rival que loita polo ascenso a primeira, os de Fernando Vázquez buscarán a primeira das dúas vitorias que semella serán necesarias para a permanencia.

E é que aínda hai traballo por díante. Tamén de reconstrucción do equipo, coa baixa de Uche Agbo. O seu posto no medio do campo podería volver ocupalo Borja Valle. Fernando Vázquez loubou ao berciano e asegurou que quere contar con él a vindeira temporada.

Na sesión de traballo de hoxe Dani Giménez acabou con molestias, así que na convocatoria aparecen tras gardametas. O xuvenil Alberto, por se acaso, e Jovanovic, quen podería xogar ante o seu equipo. O porteiro serbio está cedido polo conxunto aragonés, sen cláusula do medo. Na lista é novidade Keko Gontán, xa recuperado. Non é o caso de Peru, que terá que agardar. Todo, nun día, o de mañá, no que Fernando Vázquez cumprirá o primeiro dos dous encontros de sanción tras a expulsión en Tenerife.

Noticias web

04/07/2020