O Deportivo Abanca volve competir vinte días despois
Publicado o 23/01/2021 16:49
Na primeira división feminina, o Deportivo Abanca visitará mañá o Valencia Féminas, o décimo clasificado.
Os aprazamentos por covid fan que as coruñesas leven case vinte días sen competir, e teñen dous partidos pendentes de recuperar, ante o Betis e o Raio. Para esta xornada son baixa dúas titulares habituais, a internacional colombiana Carolina Arbeláez, e Ainoa Campo. Viaxa a canteirá Eva Dios. O equipo coruñés é o pechacancelas con 7 puntos, a 4 dos postos de permanencia. En Valencia intentará recuperar as boas sensacións do mes de decembro. Todo, en medio de grandes dificultades para desenvolver o traballo.
Máis sobre actualidade
03/03/2021 16:52
03/03/2021 16:44