CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca afronta un partido chave contra o Raio Vallecano

Publicado o 27/02/2021 14:57

Este calendario adaptado aos imprevistos da covid provoca que trece días sen competir veñan agora seguidos de tres partidos nunha semana. Dous estaban pendentes da primeira volta: mañá visita o Raio, e mércores recibe o Spórting Huelva. Despois, xa coa Liga Iberdrola ao día, visitarán a Real Sociedade.

MANU: "Combates clave para nós. O Raio é o primeiro e ademais en dúas semana recibímolo aquí na Coruña"

Perder o duelo co Betis e volver ser as cabeiras da táboa frustrou moitas expectativas que o técnico intentou revitalizar estes días.

MANU: "Non é o último tren que pasa. Estamos nunha estación na que pasan trens cada quince minutos. Temos que estar pendentes de todos os importantes".

Porque aínda quedan 16 partidos para fuxir dos catro últimos postos, un obxectivo que agora está a 7 puntos.

MANU SÁNCHEZ: "Estamos nunha parte decisiva para nós, sobre todo na clasificación, todos os partidos van ser decisivos e non podemos especular se este é rival directo ou este non o é. Temos que pelexar todos os puntos en xogo".

Viaxan xa coas internacionais costarriqueñas Noe Bermúdez e Stephannie Blanco, pero sen Noelia Villegas, sancionada, nin as mancadas Arbeláez e Lady Andrade.
O Raio agarda con céspede artificial. Non supón un hándicap para o Deportivo Abanca, que está a sumar máis puntos sobre superficie sintética que natural.

Noticias web

27/02/2021