CRTVG

Buscar

O Dépor chama os seus xogadores para telos localizados

Publicado o 03/08/2020 22:08

Onte A Liga citou para hoxe os xogadores do Dépor para pasaren os tests PCR. Nese momento o Comité de Competición non confirmara a disputa do partido e o Dépor non acudiu facer as probas. A Liga podería citar de novo os xogadores. Uns xogadores que non se atopan sequera na Coruña. Están de días libres e moitos dos que acababan contrato xa se despediron do equipo e dos afeccionados, como Mollejo ou Vallejo.

Segundo as últimas informacións que nos chegan, o Dépor está chamando os seus xogadores para telos localizados. Algúns están lonxe, como Shibasaki, que está no Xapón.

Noticias web

03/08/2020