CRTVG

Buscar

O déficit do estado supera os 48.000 millóns de euros, o maior da historia

Publicado o 30/07/2020 15:15

O impacto do coronavirus nas contas públicas provoca un incremento histórico do déficit que supera os rexistros da crise do 2009.

O déficit acumulado no primeiro semestre superou os 48.000 millóns de euros, o que supón un saldo negativo equivalente ao 4,4% do produto interior bruto. No 2009 o maior déficit rexistrado era equivalente ao 4% do PIB.

O gasto público disparouse un 24% respecto ao ano pasado e os ingresos reducíronse un 14 por cento.

Noticias web

30/07/2020