CRTVG

Buscar

O déficit do Estado baixa a 6.303 millóns en outubro, un 20,7% menos

Publicado o 28/11/2019 13:23
O déficit do Estado baixa a 6.303 millóns en outubro, un 20,7% menos

O Estado acumulou nos dez primeiros meses do ano un déficit de 6.303 millóns de euros, unha cifra un 20,7 por cento inferior á do mesmo período de 2018 e que equivale ao 0,5 por cento do PIB, segundo os datos publicados este xoves polo Ministerio de Facenda.

Esta redución do déficit obtense despois de que os ingresos crecesen máis ca os gastos, un 2,5 por cento e un 1,4 por cento, respectivamente.

En termos primarios -é dicir, sen ter en conta o custo dos intereses da débeda-, o Estado pechou outubro cun superávit de 14.374 millóns, un 5,5 por cento superior ao destas mesmas datas de 2018 e equivalente ao 1,15 por cento do PIB.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí