CRTVG

Buscar

O debate do Nadal: grupos, nenos e persoas reunidas; as propostas toman forma

Publicado o 27/11/2020 15:29

Se hai algo do que todo o mundo está pendente é das normas que poidan impoñerse para as festas do Nadal. E hai unha proposta que saíu do Goberno galego e da que todo o mundo fala: que os nenos de menos de 10 anos non conten á hora de establecer os límites nas xuntanzas.

A última investigación publicada polo hospital Vall d'Hebrón conclúe que nenos e adolescentes non son foco de transmisión. Os estudos que apoian esta hipótese van collendo peso.

O Goberno alemán tamén optou por este modelo e os menores de 14 anos non contarán nas comidas e ceas de Nadal.

Galicia defende esa idea, e tamén defende que hai familias que conviven diariamente, e que teñen que terse en conta nos protocolos. Galicia defende que nas comidas e ceas de Nadal se teñan en conta as unidades familiares e non os membros que se reúnen. É dicir, teñen menos risco seis persoas da mesma familia ca tres parellas de tres familias diferentes.

Noticias web

27/11/2020