CRTVG

Buscar

O Cumio do Clima entra na fase política coa expectativa de lograr acordos máis ambiciosos

Publicado o 10/12/2019 14:47

O segmento de alto nivel do cumio, que hoxe comeza, implica que o protagonismo é agora para os ministros e presidentes. Pero non só: o cantante Alejandro Sanz inaugurou a xornada apelando á necesidade de buscar solucións, e a activista sueca Greta Thunberg quixo trasladarlles aos científicos a atención mediática que a persegue.

Desta fase política agárdanse avances que se traduzan en acordos reais. A presidenta da Comisión Europea propón ampliar os obxectivos de reducións de emisións contaminantes para 2030, do 40% actual ao 50 ou 55. Un pacto verde que afronta con reticencias algún socio de peso, como Alemaña, pero que conta co apoio do Goberno español. A vicepresidenta en funcións urxiu a incorporar a perspectiva de xénero na loita contra a crise climática, e a ministra para a Transición Ecolóxica pediu máis ambición nesta tarefa.

O presidente en funcións reúnese esta tarde con varios participantes no cumio, entre eles, o ex-vicepresidente dos Estados Unidos Al Gore e o ex-alcalde de Nova York e candidato demócrata á Casa Branca Michael Bloomberg, que anunciou que a súa primeira decisión se gaña as eleccións será regresar ao Acordo de París.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/12/2019

Máis sobre actualidade