CRTVG

Buscar

O CSIC probará en animais unha posible vacina contra a Covid-19

Publicado o 01/05/2020 18:52


Para a semana, o Consello Superior de Investigacións Científicas comezará a ensaiar en animais a súa vacina contra o coronavirus.
A proba é fase previa ao ensaio clínico con humanos. É o proceso imprescindible antes de que se poida probar en persoas expostas ao COVID-19. Cada fase precisa de varios meses. O CSIC está a desenvolver un antídoto contra o coronavirus baseado nunha modificación do virus que se usou na erradicación da viruela nos anos setenta do século XX.

Noticias web

01/05/2020