CRTVG

Buscar

O CSIC certificará a orixe dos aneis atopados en Santo Estevo de Ribas de Sil

Publicado o 11/12/2020 18:34
O CSIC certificará a orixe dos aneis atopados en Santo Estevo de Ribas de Sil

E os catro aneis "milagreiros" que se atoparon en Santo Estevo de Ribas de Sil van ser analizados por un equipo do CSIC.

O Centro Superior de Investigacións Científicas vai estudar en detalle os seus materiais para poder certificar a súa orixe. Os catro aneis foron atopados nun relicario durante as obras de restauración da igrexa de Santo Estevo. Crese que son xoias da Idade Media pertencentes aos coñecidos como bispos santos deste mosteiro.

Noticias web

11/12/2020