CRTVG

Buscar

O CSD denuncia a Tebas polos seus vínculos co Fuenlabrada

Publicado o 07/09/2020 21:20

O Consello Superior de Deportes denuncia a Javier Tebas perante a Fiscalía. O organismo presidido por Irene Lozano, o actor institucional no caso Fuenlabrada, ve indicios de delicto nas actuacións do presidente da liga e a súa relación privada co club madrileño. O Deportivo solicitara a inhabilitación de Tebas como responsable da viaxe do Fuenlabrada a Coruña con xogadores positivos por Coronavirus, pola súa actuación na suspensión do partido, por abuso de autoridade e por conflito de intereses.

Nesas semanas nas que actuaron os órganos administrativos do Deporte, o TAD (Tribunal adscrito ó CSD) ditaminou que as competencias para investigar os feitos lle correspondían á Liga, o que provocou que a Federación española de Fútbol, que proponía o desccenso do Fuenlabrada, arquivase o expediente. Pois agora o CSD, di textualemente que "nas últimas semanas sucedéronse informacións preocupantes sobre os vínculos de Tebas e o Fuenlabrada".

Este mesmo luns ó Deportivo foille denegada a cautelarísima, unha medida que solicitara na xustiza ordinaria para deter a liga ata que se resolvera o caso. Esa porta pechouse, pero agora o caso Fuenlabrada pasa ás mans da Fiscalía.
 

Noticias web

07/09/2020