CRTVG

Buscar

O CSD convoca o xoves de urxencia a Liga e a RFEF para pechar o calendario

Publicado o 25/08/2020 13:16

• Irene Lozano asegura que tras a xuntanza haberá un calendario

 

O CSD convoca o xoves de urxencia a Liga e a RFEF para pechar o calendario
A presidenta do Consello Superior de Deportes (CSD), Irene Lozano, convocou este martes por carta os presidentes da Federación e da Liga de fútbol, para que acudan o vindeiro xoves a unha reunión conducida polo director xeral de Deportes, Joaquín de Aristegui, en que deberán chegar a un acordo sobre o calendario da próxima tempada.
"Confío en que durante a devandita reunión haxa un acordo entre as dúas partes; con todo, o CSD garantirá que ao final desa reunión haberá calendario", afirma Lozano na carta dirixida aos respectivos presidentes, Luís Rubiales e Javier Tebas. 

 

Máis sobre actualidade