CRTVG

Buscar

The Covid Art Museum, a galería virtual que recompila a arte inspirada polo coronavirus

Publicado o 12/06/2020 21:34

Dixéronnos que tiñamos que quedar na casa e fixémolo. Dixéronnolo a todos, sen excepcións. Sen que os anfitrións da arte puideran saír inspirarse. Tiveron que mirar pola ventá, desde a porta a través dos ollos que os miraban desde dentro. E desde dentro, máis de 50 artistas de todo o mundo fixeron arte do coronavirus.

Arte cando ves a casa máis tropical ca nunca e , a carón do teu gato, aproveitas o tempo parea ler, para tomar un baño como os que había anos que non tomabas ou, por que non, mesmo para bailar en bikini.

Arte cando camiñas. Cando ves a vida pasar. Arte cando recordas esa foto, esa mirada, agora desde o confinamento. Foron tres creativos españois os que entenderon que a arte sempre abrolla en momentos difíciles. Aquí e en todo o mundo. De todo o mundo enviaron máis arte para este primeiro museo virtual creado e inspirado na corentena.

Naceron obsesións que aínda hoxe non atoparon resposta. Ata diso fixeron arte: rolos de hixiénico que nos convidan a rodar xuntos. Xuntos brindamos e vimos como a natureza recuperaba o seu espazo. Como os bigotes de Dalí furaban máscaras invasoras, como Bansky cambiaba os seus heroes favoritos.

E pensamos, pensamos moito nese día, no día que dá nome a esta peza: 'A fin do distanciamento social'. A fin de moitas cousas, mais nunca a fin da arte. Porque agora que estamos na desescalada, que pronto chegará a desexada nova normalidade sabemos que a arte é resistencia, resilIencia e moito máis. Incluso con arte seguimos pensamos nesoutro día, en que veña un axente secreto para salvar o mundo dunha pandemia chamada coronavirus.

 

Noticias web

12/06/2020