CRTVG

Buscar

O Coruxo perde en Zamora e ve cada vez máis lonxe o sexto posto

Publicado o 17/01/2021 21:03

O Coruxo saíu ao Ruta de la Plata practicamente perdendo. Aos tres minutos xa se lle poñía de costas a complicada visita a un dos equipos máis en forma da competición. O Zamora golpeaba de xeito contudente co gol de Iñigo Piña, e incluso tivo algunha oportunidade máis para ampliar diferenzas. O gardameta Amigo mantivo con vida os de Míchel.

Para ver a mellor versión do Coruxo houbo que agardar ata o segundo tempo. Fíxose co dominio do balón e, sen oportunidades flagrantes, conseguiu osmar a porta zamorana. Todo cambioiu aos 13 minutos, cando os galegos quedaban con 10 pola expulsión de Crespo. Uns minutos despois, por se quedaban dúbidas, Vallejo marcaba o segundo para o Zamora cun disparo axustado.

A vitoria válelles aos de David Movilla para superar o Deportivo e colocárense de segundos. O Coruxo ve cada vez máis lonxe, xa a seis puntos, o sexto posto.

Noticias web

17/01/2021