CRTVG

Buscar

O Coruxo foi o único galego que sacou algo positivo desta xornada na Segunda B

Publicado o 23/12/2019 16:39

O Pontevedra chegaba nun bo momento ao encontro co Sanse logo de tres xornadas sen perder. Pero apañaron unha malleira no campo do pechacancelas, que só gañara dous partidos ata ese momento. Joel puxo por diante aos madrileños no mintuto sete e logo caeron os tantos de Raúl, en dúas ocasións, e Fer Ruíz. O gol de Jaouad chegou no 85, cando os do Lérez xa perdían 4-0. Dura derrota da que tirar conclusións malia que Pouso prefire gañar a aprender.

O Pontevedra queda a dous puntos da eliminatoria, a catro aparece o Rácing logo de caer nas illas ante o filial das Palmas. Decidiu un gol en propia porta de Pau Bosch no 82.

O único equipo galego que sacou algo positivo desta xornada foi o Coruxo que empatou no campo do Raio Majadahonda, o cuarto clasificado. Youseff puxo o 0-1 no 16, igualou Mesa no 82 e os vigueses quedan na zona media, con 24 puntos.

Noticias web

23/12/2019