CRTVG

Buscar

O Coruxo derrota 2-0 ao Arzúa nun amigable de pretemporada

Publicado o 23/09/2020 20:45

Primeiros amigables na 2.ª B.

Esta tarde o Celta B derrotou 1-4 ao Arousa nun partido disputado na Lomba, con dous goles de Lauti e outros dous de Manu Justo para o filial celeste.

E no campo do Vao, o Coruxo enfrontouse ao Arzúa. O equipo vigués gañou por 2 goles a 0; o primeiro, de Jairo coa testa aos 25 minutos, e o segundo xa no segundo tempo. Balón en longo para Diego Silva, que lle gaña a partida ao porteiro arzuán. Primeira vitoria en pretemporada para o equipo de Míchel Alonso.

Noticias web

23/09/2020