CRTVG

Buscar

O Coruxo, cuarto clasificado, en postos de play-off: "Estamos máis contentos polos 34 puntos"

Publicado o 28/01/2020 21:09

O Coruxo en cambio vive o seu momento máis doce. Tras a vitoria en Ferrol púxose cuarto. Só por detras dos poderosos Atlético de Madrid, Atlético Baleares e Eivisa.

Míchel Alonso: "Estamos máis contentos polos 34 puntos que pola clasificación. A seguir sumando".

Non foi así todo o ano. Hai doce xornadas o Coruxo estaba en postos de descenso. Por iso Míchel Alonso non quere pensar máis alá da permamencia. 

"Non é o momento de pensar nun posible ascenbso. Se a falta de dez xornadas estamos aí, veremos".

A escalada na liga coincidiu coa presenza na Copa. Caeu de maneira inxusta nun partidazo co Mirandés.

Michel Alonso: "Este ano pasaron moitas cousas... temos que gozar agora".

O Coruxo só perdeu un partido no Vao. As próximas cinco xornadas serán un test de nivel: entre os rivais están os tres primeiros clasificados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2020