CRTVG

Buscar

O Corredor Atlántico potenciará o transporte de mercadorías desde Galicia cara a Europa

Publicado o 12/03/2019 18:24

O ferrocarril move en España arredor do 3% das mercadorías fronte ao máis do 80% do transporte por estrada. O obxectivo da Unión Europea é que no 2030 un terzo dos produtos se movan a través dunha rede ferroviaria eficaz. Os expertos en infraestruturas ferroviarias que hoxe se reúnen na Coruña coinciden na importancia de que Galicia estea incluída no chamado Corredor Atlántico para poder acceder aos fondos de modernización das liñas previstos para o período 2021-2027. 

Enrique Urcola, decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños. "Poderíase conseguir que o transporte por ferrocarril en lugar de estar no 3% se alcanzase a media europea, que está nun 18%, co que sería un gran desenvolvemento".

O reto que marcan neste momento é facer unha planificación axeitada das obras para afrontar as principais necesidades. Adaptar o ancho da vía, acometer a eletrificación dos trazados e alongar os trens dos 300 metros actuais a 700 para abaratar os custos e poder para converter o ferrocarril nun medio competitivo.

Noticias web

12/03/2019